lunes, 30 de enero de 2023

XÚPITER 🌚

Acompañamos a Pancholiño a un novo planeta, Xúpiter. 
Seredes quen de resolver os retos que vos propuxo Pancholiño?
XÚPITER VÍDEO by CEIP Plurilingüe do Xurés




 

jueves, 26 de enero de 2023

MONTE OLIMPO - MARTE

 


Nesta segunda actividade relacionada co planeta Vermello estudamos o volcán máis grande do Sistema Solar: o Monte Olimpo. 

Neste PowerPoint que segue podedes atopar as actividades relacionadas con esta montaña de magma. Tede en conta os vídeos que se adxuntan para buscar a información relativa ao mesmo. 

Ánimo!!

martes, 24 de enero de 2023

O PLANETA VERMELLO: MARTE


Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa.

Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa. 

Divindindo o traballo en grupos (INFANTIL-1EPO / 2EPO / 3EPO-4EPO / 5EPO-6EPO), o alumnado respostou as preguntas que podemos atopar no pdf adxunto

O resultado foi unha presentación moi xeitosa e amena na que os propios alumnos se respostaban as diferentes cuestións. 




Ademais, polo traballo de investigación feito e por cada resposta correcta podían gañar un Rover para completar o seu Carnet de Investigadores da NASA.



Ao longo desta semana realizarán uns experimentos no noso Departamento de Ciencias e investigarán sobre o Monte Olimpo, volcán marciano, e considerado o máis grande do Sistema Solar. 

Estade atentos!!




jueves, 15 de diciembre de 2022

A TERRA🌍


Xa chegamos á Terra!!! e temos uns cantos días para investigar sobre estas cuestións:



A LÚA 🌕🌖🌔🌑

 Estivemos traballando sobre a Lúa, satélite que rodea ao noso planeta. Fixemos un experimento coas galletas Oreo para aprender as fases da Lúa. 








Ademais estivemos investigando para dar resposta ás seguintes preguntas e a verdade que foi sido todo un éxito:




miércoles, 14 de diciembre de 2022

VENUS

 Na seguinte parada coñecemos o planeta VENUS. Investigamos as preguntas que nos deixou Pancholiño e elaboramos diferentes traballos coa información recadada.



Ademáis no Recuncho da Ciencia elaboramos a nosa propia GALAXIA.




Na Galaxia descubrimos que entre outras cousas había moitas estrelas que formaban CONSTELACIÓNS.

Os máis cativ@s elaboraron unhas constelacións moi especiais.



Se queredes seguir investigando dende a casa tedes aquí varios enlaces

https://www.youtube.com/watch?v=Avy2CU3a1sI

https://www.youtube.com/watch?v=8oyPWLVv3_4


martes, 13 de diciembre de 2022

MERCURIO

 O primeiro planeta en facer parada é MERCURIO. Desta maneira os nenos e nenas de Lobios deberán de descubrir todos os segredos que esconde este planeta a través dunha exhaustiva investigación. 

É hora de despegar.
















 Este PDF pódese consultar aquí e así poder ter acceso a links de interese. 





















´


















XÚPITER 🌚

Acompañamos a Pancholiño a un novo planeta, Xúpiter.  Seredes quen de resolver os retos que vos propuxo Pancholiño? XÚPITER VÍDEO ...