Acompañamos a Pancholiño a un novo planeta, Xúpiter.
Copy of XÚPITER VÍDEO by CEIP Plurilingüe do Xurés
Xuntos, fumos quen de respostar a todas as cuestións que nos propuxo Pancholiño.
As nosas investigacións axudárannos a descubrir que Xúpiter era o planeta
máis grande do Sistema Solar e que estaba composto, fundamentalmente, de Helio e Hidróxeno. Tamén nos decatamos de que tiña un montón de satélites naturais e aprendemos un pouquiño máis da gran tormenta que cobre parte da súa superficie, a Gran Mancha Vermella.
Toda a información que atopamos quedou recompilada nun libriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario