martes, 24 de enero de 2023

O PLANETA VERMELLO: MARTE


Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa.

Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa. 

Divindindo o traballo en grupos (INFANTIL-1EPO / 2EPO / 3EPO-4EPO / 5EPO-6EPO), o alumnado respostou as preguntas que podemos atopar no pdf adxunto

O resultado foi unha presentación moi xeitosa e amena na que os propios alumnos se respostaban as diferentes cuestións. 




Ademais, polo traballo de investigación feito e por cada resposta correcta podían gañar un Rover para completar o seu Carnet de Investigadores da NASA.



Ao longo desta semana realizarán uns experimentos no noso Departamento de Ciencias e investigarán sobre o Monte Olimpo, volcán marciano, e considerado o máis grande do Sistema Solar. 

Estade atentos!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

URANO- MES DE ABRIL - PARTE 2

 Agora que xa vimos as características principais de urano, vamos a coñecer algunha curiosidade mais sobre él e tamén o nome dos días da sem...