lunes, 30 de enero de 2023

XÚPITER 🌚

Acompañamos a Pancholiño a un novo planeta, Xúpiter.
Copy of XÚPITER VÍDEO by CEIP Plurilingüe do Xurés




Xuntos, fumos quen de respostar a todas as cuestións que nos propuxo Pancholiño. 
 
As nosas investigacións axudárannos a descubrir que Xúpiter era o planeta
máis grande do Sistema Solar e que estaba composto, fundamentalmente, de Helio e Hidróxeno. Tamén nos decatamos de que tiña un montón de satélites naturais e aprendemos un pouquiño máis da gran tormenta que cobre parte da súa superficie, a Gran Mancha Vermella. 


Toda a información que atopamos quedou recompilada nun libriño. 




jueves, 26 de enero de 2023

MONTE OLIMPO - MARTE

 


Nesta segunda actividade relacionada co planeta Vermello estudamos o volcán máis grande do Sistema Solar: o Monte Olimpo. 

Neste PowerPoint que segue podedes atopar as actividades relacionadas con esta montaña de magma. Tede en conta os vídeos que se adxuntan para buscar a información relativa ao mesmo. 

Ánimo!!

martes, 24 de enero de 2023

O PLANETA VERMELLO: MARTE


Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa.

Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa. 

Divindindo o traballo en grupos (INFANTIL-1EPO / 2EPO / 3EPO-4EPO / 5EPO-6EPO), o alumnado respostou as preguntas que podemos atopar no pdf adxunto

O resultado foi unha presentación moi xeitosa e amena na que os propios alumnos se respostaban as diferentes cuestións. 




Ademais, polo traballo de investigación feito e por cada resposta correcta podían gañar un Rover para completar o seu Carnet de Investigadores da NASA.



Ao longo desta semana realizarán uns experimentos no noso Departamento de Ciencias e investigarán sobre o Monte Olimpo, volcán marciano, e considerado o máis grande do Sistema Solar. 

Estade atentos!!




URANO- MES DE ABRIL - PARTE 2

 Agora que xa vimos as características principais de urano, vamos a coñecer algunha curiosidade mais sobre él e tamén o nome dos días da sem...