lunes, 13 de marzo de 2023
jueves, 9 de marzo de 2023
jueves, 9 de febrero de 2023
METEORITOS 🌠🔥
Desta volta, Pancholiño propúxonos investigar sobre os meteoritos!!
METEORITO by CEIP Plurilingüe do Xurés
De novo, entre todos, conseguimos resolver todos os retos que nos propuxo Pancholiño.
Investigando, aprendemos que os meteoritos son rochas espaciais, compostas fundamentalmente de litito, silicato e aerolito. Tamén descubrimos que Chixculub foi o nome que lle deron ao meteorito que provocou a desaparición dos dinosaurios.
Esta vez, empregamos un "mini libriño" para recoller a información que atopamos.
No Club de Ciencias tamén estivemos investigando sobre os efectos dos meteoritos ao caer na Terra.
lunes, 30 de enero de 2023
XÚPITER 🌚
Acompañamos a Pancholiño a un novo planeta, Xúpiter.
Copy of XÚPITER VÍDEO by CEIP Plurilingüe do Xurés
Xuntos, fumos quen de respostar a todas as cuestións que nos propuxo Pancholiño.
As nosas investigacións axudárannos a descubrir que Xúpiter era o planeta
máis grande do Sistema Solar e que estaba composto, fundamentalmente, de Helio e Hidróxeno. Tamén nos decatamos de que tiña un montón de satélites naturais e aprendemos un pouquiño máis da gran tormenta que cobre parte da súa superficie, a Gran Mancha Vermella.
Toda a información que atopamos quedou recompilada nun libriño.
jueves, 26 de enero de 2023
MONTE OLIMPO - MARTE
Nesta segunda actividade relacionada co planeta Vermello estudamos o volcán máis grande do Sistema Solar: o Monte Olimpo.
Neste PowerPoint que segue podedes atopar as actividades relacionadas con esta montaña de magma. Tede en conta os vídeos que se adxuntan para buscar a información relativa ao mesmo.
Ánimo!!
martes, 24 de enero de 2023
O PLANETA VERMELLO: MARTE
Desta volta tocounos estudar o planeta vermello, para o que o noso alumnado fixo unha labor de investigación cooperativa.
Divindindo o traballo en grupos (INFANTIL-1EPO / 2EPO / 3EPO-4EPO / 5EPO-6EPO), o alumnado respostou as preguntas que podemos atopar no pdf adxunto.
O resultado foi unha presentación moi xeitosa e amena na que os propios alumnos se respostaban as diferentes cuestións. Ademais, polo traballo de investigación feito e por cada resposta correcta podían gañar un Rover para completar o seu Carnet de Investigadores da NASA.
Ao longo desta semana realizarán uns experimentos no noso Departamento de Ciencias e investigarán sobre o Monte Olimpo, volcán marciano, e considerado o máis grande do Sistema Solar.
Estade atentos!!
jueves, 15 de diciembre de 2022
A TERRA🌍
Xa chegamos á Terra!!! e temos uns cantos días para investigar sobre estas cuestións:
Recollemos as nosas investigacións nun lapbook.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
URANO- MES DE ABRIL - PARTE 2
Agora que xa vimos as características principais de urano, vamos a coñecer algunha curiosidade mais sobre él e tamén o nome dos días da sem...
-
O pasado venres Pancholiño presentouse vestido de astrounauta para contarnos que este ano vai investigar sobre o universo. Unha presentaci...
-
Desta volta, Pancholiño propúxonos investigar sobre os meteoritos!! METEORITO by CEIP Plurilingüe do Xurés ...












